NICOLÁS O MAMÍFERO NADADOR:
http://www.flickr.com/photos/wicho/115820701/sizes/m/
![]() |
| MANUEL |
Ola chámome Nicolás, e nacín nunha aldea preto de Coristanco, un pobo no interior de Galicia, na provincia da Coruña, sempre me gustou o mar, a pesar de nacer nunha aldea que está un pouco alonxada da costa.
Un día cando me bañaba no río me din conta de que podía estar moito tempo debaixo da auga, porque podía respirar como se tivese branquias. Todos os rapaces e rapazas me chamaban “mamífero nadador”e facían apostas para ver canto tempo era capaz de estar baixo a auga. Eu me sumerxía e agarrado a unha pedra de esas redondas e grandes que hay no fondo do río que estaba preto da miña casa, e no que xogabamos todos os nenos e nenas de Coristanco, solía quedarme oito ou dez minutos ata que me aburría e saía para fora.
No colexio, no que estudaba en Coristanco, fai xa algúns anos fomos de excursión á Pobra do Caramiñal, un pobo mariñeiro e moi bonito, tal vez o máis bonito de toda a Ría de Arousa, alí nunha praia que se chamaba (e todavía se chama Cabío), tiven a oportunidade de nadar ó lado de numerosos tipos de peixes (muxos, raias, fanecas, lorchos e algúns cangrexos). A sensación foi moi especial, debaixo dunha rocha vivía un polbo, me acerquei e observava como se alimentaba, saía de debaixo da rocha, collía cun dos tentáculos un peixe e volvía a meterse en baixo da rocha. Saiu sete ou oito veces ata que nunha de estas se acercou a min e me observou; non me dou medo, ata parecía que me sonrríra. Levaba xa preto de unha hora mirando o polbo, ata que decidín irme a xunto os meus compañeiros, e contarlles a historia do marabilloso polbo que vira debaixo daquela rocha, e tamén por si non foran a pensar que me pasaba algo.
Quedin fascinado co polbo, estaba convencido de que me collera cariño. Nada mais chegar a miña casa de Coristanco, non parei ata consegir que os meus pais decidiran mudar as susas vidas de Coristanco para a Pobra do Caramiñal.
Agora vivo aquí, na Garita (no maño), teño trinta e dous anos e vivimos, (miñas fillas, miña muller e eu) nunha casa preto do mar. Todolos días baixo a pescar xunto co meu mellor amigo o polbo Manuel o que coñecín cando era neno, na praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. Traballo de percebeiro e teño duas fillas moi guapas e intelixentes, chamadas Ana e Elena, as duas son xemelgas, e o único que lles gusta do mar é tumbarse na praia ao sol para poñerse morenas.
Agora son coñecido en toda a comarca do Barbanza como “Nicolás o percebeiro”, todo o mundo sabe que vendo os mellores percebes da Ría de Arousa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario