2013/04/23

O superoheroe dos animais.

                                                            
                                                                                A curota
O superoheroe dos animais.

Ola, chámome Jorge e teño dezaoito anos, este ano empecei a Universidade, vou a estudar Veterinaria na Universidade de Santiago de Compostela, na Coruña. Eu son de un pobo de non moi lonxe de Santiago, Boiro.

Vou contar unha historia que me ocorreu fai cinco anos, é decir, cando tiña exactamene trece anos.
Un día de verán ía camiñando pola Curota, unha motaña moi bonita da serra do barbanza, íamos un grupo creo que de dezaoito rapaces e rapazas; eu ía escoitando  a miña música preferida... Juan Magán, Mónica Naranjo, Malú... de repente, cando me din conta, estaba perdido polo medio do monte, estaba só no medio da Curota. Non coñecía nada, oscurecía e sentía as árbores bater polo moito vento que facía. De súpeto, acercánronse unha bandada de paxaros que me dixeron:
-Boa noites, estás perdido rapaz?

Eu asombrado de  poder entender claramente o que me decían os paxáros e por todo o que me ocorrera (perderme do grupo de excursiòn)  perdín o coñecemento durante un montón de tempo.
Ao despertarme, sentín que algo ou alguén me tocaba a perna, era un coello! quería falarme!, me estaba falando!
Ò principio  sentín un pouco de medo pero empezoume a falar como si me coñecera de algo. Eu expliqueille o que me pasara e foi a chamar a máis animais para ver se sabían onde estaban os meus compañeiros. Ningún dos animais polo que poiden esocoitar sabían nada dos meus amigos así que lles preguntei se me acompañaban a buscalos. Eles dixeronme que sí pero cunha condición... que eu lles tiña que dar algo de comer porque estaban famentos, non comían dende fai tempo. Eu asombrado aceptei a proposta, así que fomos en busca dos meus amigos
Ao chega a piscina redonda, encontramos a todos os mes amigos preocpados porque me perderan.
Nada máis verme me abrazaron e se puxeron moi contentos de estar conmigo, así que eu cumprin tamén co meou trato, dinlle de comer aos mes novos amigos, os animais  da Curota, xá qe me salvaran a vida. Pero todo esto non termina aquí, a cuestión foi que eu podía falar  cos animais, que é un superpoder que non coñecía ata ese momento.
Ó chegar a miña casa, os peixes que tiña na miña peceira pedíronme rápidamente que a limpase, entendinos á primeira, parecíame incríble que eu poidese escoitar a eses peixes que tanto tempo estivera eu alimentando e coidando na miña casa.
O can da miña vecina pediume que dixera a Doña Pepa (a veciña da casa do lado) que non lle dera tanto de comer que  non lle dera tantas sobras, que estaba moi gordo... así foi con todos os animais do meu barrio.
Todos os animais me chamaban os superheroe da miña vila xa que  están todos moi contentos conmigo.

Esta é a miña historia de como coñecín o meu superpoder que espero me sirva para aprobar a Universiade... Je je.



As piscinas naturais                  
                                                                                
Boiro miña vila                                                                           
                           

2013/04/22

Nicolás o mamífero nadador

NICOLÁS O MAMÍFERO NADADOR:


MANUEL
http://www.flickr.com/photos/wicho/115820701/sizes/m/



Ola chámome Nicolás, e  nacín nunha aldea preto de Coristanco, un pobo no interior de Galicia, na provincia da Coruña, sempre me gustou o mar, a pesar de nacer nunha aldea que está un pouco alonxada da costa.
Un día cando me bañaba no río me din conta de que podía estar moito tempo debaixo da auga, porque podía respirar como se tivese branquias. Todos os rapaces e rapazas me chamaban “mamífero nadador”e facían apostas para ver canto tempo era capaz de estar baixo a auga. Eu me sumerxía e agarrado a unha pedra de esas redondas e grandes que hay no fondo do río que estaba preto da miña casa, e no que xogabamos todos os nenos e nenas de Coristanco, solía quedarme oito ou dez minutos ata que me aburría e saía para fora.
No colexio, no que estudaba en Coristanco, fai xa algúns anos fomos de excursión á Pobra do Caramiñal, un pobo mariñeiro e moi bonito, tal vez o máis bonito de toda a Ría de Arousa, alí nunha praia que se chamaba (e todavía se chama Cabío), tiven a oportunidade de nadar ó lado de numerosos tipos de peixes (muxos, raias, fanecas, lorchos e algúns cangrexos). A sensación foi moi especial, debaixo dunha rocha vivía un polbo, me acerquei e observava como se alimentaba, saía de debaixo da rocha, collía cun dos tentáculos un peixe e volvía a meterse en baixo da rocha. Saiu sete ou oito veces ata que nunha de estas se acercou a min e me observou; non me dou medo, ata parecía que me sonrríra. Levaba xa preto de unha hora mirando o polbo, ata que decidín irme a xunto os meus compañeiros, e contarlles a historia do marabilloso polbo que vira debaixo daquela rocha, e tamén por si non foran a pensar que me pasaba algo.
Quedin fascinado co polbo, estaba convencido de que me collera cariño. Nada mais chegar a miña casa de Coristanco, non parei ata consegir que os meus pais decidiran mudar as susas vidas de Coristanco para a Pobra do Caramiñal.
Agora vivo aquí, na Garita (no maño), teño trinta e dous anos e vivimos, (miñas fillas, miña muller e eu) nunha casa preto do mar. Todolos días baixo a pescar xunto co meu mellor amigo o polbo Manuel o que coñecín cando era neno, na praia de Cabío, na Pobra do Caramiñal. Traballo de percebeiro e teño duas fillas moi guapas e intelixentes,  chamadas Ana e Elena, as duas  son xemelgas, e o único que lles gusta do mar é tumbarse na praia ao sol para poñerse morenas.
Agora son coñecido en toda a comarca do Barbanza como “Nicolás o percebeiro”, todo o mundo sabe que vendo os mellores percebes da Ría de Arousa.

Como subir unha foto ao blogger

                                            "Joyful Runway"

2013/04/19

Hola eu son Lara...

Ola, chamome Lara, estudo no instituto IES Pobra Do Caramiñal, e son moi afeccionada ao deporte, pero sobre todo ao atletismo, estou no clube de atletismo de: ATLETISMO BARBANZA. Gustame moito e é miña vida, pero tamén fago teatro, xa levo catro anos nesto do teatro e dáseme bastante ben, pero menos ca o atletismo.Nesta foto estamos miña mellor amiga e eu en Castellón (Marina d'or) no campionato español de atletismo. Tamén  gustame moito viaxar e coñecer novas amizades.Espero que bos guste moito o meu bloge!!